O último partido na casa do ano para o Pontevedra Club de Fútbol, ademais de ser unha cita vital no deportivo para o equipo granate, terá un compoñente solidario, coincidindo coa visita ao Estadio Municipal de Pasarón do Rayo Majadahonda (domingo 11, 17.00 horas).
En primeiro lugar pola iniciativa impulsada desde o propio club, que organizará unha recollida solidaria de alimentos que incentiva cunha recompensa para os abonados que participen, e é que cada socio poderá acceder ao campo cun acompañante se entre ambos os dous doan un mínimo de 3 quilos de comida.
PONTEVEDRA SOLIDARIA | O vindeiro domingo viviremos en Pasarón unha xornada solidaria cos máis necesitados nestaas datas tan especiais
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) December 5, 2022
Domingo 11
17:00
@RMajadahonda
Cada socio poderá acceder con un acompañante se entre os dous doan como mínimo 3 kilos de comida pic.twitter.com/DNLTnyqN2e
Doutra banda o colectivo Siareirxs Granates puxo en marcha a súa propia iniciativa, no seu caso orientada á recollida de xoguetes novos ou en bo estado que serán doados á Asociación Boa Vida.
Os interesados en participar poderán depositar os xoguetes na Pallota desde as 12.00 horas do mediodía e ata as 16.00 horas da tarde.
III RECOLLIDA SOLIDARIA
— Siareirxs Granates (@siareirxspcf) November 30, 2022
-DOMINGO 11-
Coma sempre nestas datas, lanzamos a nosa "Recollida solidaria" da man de @BoaVida_IA , axudandolles na súa camapaña de nadal.
¡Achegate e colabora! pic.twitter.com/PtBzNpSFh0