Un mal partido deixa ao Waterpolo Pontevedra sen título galego

Pontevedra
10 de maio 2016

O equipo pontevedrés cedeu por 12-11 na Coruña no terceiro e decisivo partido da final galega nun choque no que sempre foi a remolque no marcador

Partido da final galega entre Waterpolo Pontevedra e CN Coruña
Partido da final galega entre Waterpolo Pontevedra e CN Coruña

O Club Waterpolo Pontevedra quedou sen poder levantar o trofeo de campión de Liga Galega Absoluta de Waterpolo ao perder por un só gol fronte ao CN Coruña no terceiro e último partido da final.

Non foi un bo encontro para os pontevedreses, que a pesar de caer por un apertado 12-11 foron sempre a remolque debido aos erros defensivos e a perdas de balón en ataque.

Os de Javi de Sáa chegaron mesmo a perder por catro tantos no terceiro parcial, pero repuxéronse para chegar con opcións ao final.

Tras quedar ás portas do título na liga Galega o Waterpolo Pontevedra céntrase agora no seguinte obxectivo da tempada, o Campionato de España de 3ª División que se disputará a próxima fin de semana en Barcelona.

CN CORUÑA (12): Orjales, Patiño (4), García (1), Escuredo, Gato, Alba (1), de la Cruz, García (1), Sánchez (2), Martins (2), Iglesias (1), Blanco, Riobó.

CW PONTEVEDRA (11): Raúl, Rober, Manu, Rubén (1), Aarón (3), Luis, Ángel (2), Andrés (2), Iago, Guille, Bran (3), Pablo, Pablito.

Parciais: 4-3, 3-2, 3-2, 2-4.