Un mes de xuño co waterpolo como protagonista en Rías do Sur

Pontevedra
30 de maio 2024

O Club Waterpolo Pontevedra, en colaboración da Federación Galega de Natación, organizará durante o mes de xuño ata tres campionatos autonómicos na piscina olímpica pontevedresa

Presentación dos campionatos galegos que organizará o Waterpolo Pontevedra en Rías do Sur
Presentación dos campionatos galegos que organizará o Waterpolo Pontevedra en Rías do Sur / Club Waterpolo Pontevedra

O waterpolo será protagonista durante o mes de xuño no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.

O Club Waterpolo Pontevedra, en colaboración da Federación Galega de Natación, organizará durante o próximo mes ata tres campionatos autonómicos na piscina olímpica pontevedresa.

Estas citas de base foron presentadas oficialmente este xoves.

A primeira das competicións terá lugar este mesmo sábado 1 de xuño co Campionato Galego Alevín Mixto, no que participarán nove equipos.

Pola súa banda o sábado 15 organizarase o Campionato Galego Infantil Mixto, con oito equipos participantes, e o sábado 22 de xuño pechará a programación o Campionato Galego Cadete Mixto, con outros sete equipos rexistrados.

En total participarán nestes campionatos máis de 300 deportistas.