Un milleiro de razóns para gozar do baloncesto

Pontevedra
08 de xuño 2017

Máis de 1.000 escolares participaron este xoves na XVI edición do Torneo 3x3 na Rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil na Avenida Montero Ríos de Pontevedra

XVI Torneo 3x3 na Rúa de baloncesto escolar Mónica Patxot

Boa temperatura, ambiente festivo e moito deporte. Con eses ingredientes era difícil non gozar da XVI edición do Torneo 3x3 na Rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil.

Máis de 1.000 escolares, de 3º a 6º curso de Primaria, tomaron a Avenida Monterio Ríos durante toda a mañá do xoves para converter a práctica de baloncesto nunha auténtica celebración.

Ata 30 canastras instaláronse na céntrica avenida, onde se xogaron 600 partidos entre os diferentes equipos conformados para a ocasión.

Participaron no torneo alumnos dos centros San José, San Bieito de Lérez, Froebel, Barcelos, Campolongo, Manuel Vidal Portela, Carballal, Álvarez Limeses, Calasancias e Doroteas, ademais da Asociación Virgen de la O.