Mayte Méndez seguirá outro ano máis á fronte do Arxil

23 de xuño 2017

A adestradora, única que estivo presente en todas as tempadas da Liga Feminina 2 desde a súa creación, atópase xa involucrada na confección do plantel 

Mayte Méndez, nun partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada
Mayte Méndez, nun partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada / Mónica Patxot

É a única adestradora que estivo presente en todas e cada unha das tempadas da Liga Feminina 2, desde a súa creación na tempada 2001/2002, e aínda ten corda para longo.

Mayte Méndez renovou os seus votos co Arxil e manterase como adestradora do primeiro equipo unha campaña máis.

A preparadora pontevedresa atópase xa inmersa na planificación do plantel, coa prioridade de renovar a boa parte do equipo. Ademais seguirá sendo a directora deportiva do club.

Convertida nun referente no baloncesto feminino nacional, Mayte Méndez comezou a súa andaina nos bancos no ano 1984.

No apartado de incorporacións, o club asegura ter pechado o acordo cunha pívot "que pode ser referente na liga", a falta de que a xogadora devolva o contrato asinado para poder facelo oficial.