Carla Fernández, primeira renovación no Arxil

Pontevedra
26 de xuño 2017

A base viguesa cumprirá así a súa oitava campaña no club verde, convertida nunha dos xogadores máis importantes na rotación de Mayte Méndez

Carla Fernández, no partido entre Arxil e Sant Adriá no CGTD
Carla Fernández, no partido entre Arxil e Sant Adriá no CGTD / Diego Torrado

As negociacións para configurar o plantel do Arxil para a próxima tempada empezan a dar os seus froitos.

O club pontevedrés, que competirá un ano máis na Liga Feminina 2 de baloncesto, anunciou este luns a primeira das renovacións que espera lograr, xa que obxectivo é dar continuidade ao equipo.

A primeira xogadora en dar o si a seguir no Arxil foi Carla Fernández, que cumprirá así a súa oitava campaña na entidade.

A base viguesa converteuse nos últimos anos nunha peza clave nos esquemas de Mayte Méndez. De feito na última tempada alcanzou 31 minutos por partido, con responsabilidade non só na dirección de xogo senón tamén a nivel defensivo.

Carla Fernández foi ademais a terceira mellor recuperadora da liga con 2,8 roubos por encontro.

MINI CAMPUS NO PAVILLÓN UNIVERSITARIO

A actividade no Arxil céntrase estes días tamén no campus de perfeccionamento no que participan medio cento de xogadoras ata o vindeiro venres 30 de xuño. Os adestramentos levan a cabo en horario matinal nas instalacións do Pavillón Universitario a cargo das adestradoras Rosi Crespo, Ana Gómez, Marina Ramírez, Nerea Corredera, Ana Román e Marita Janeiro.