Un Open Vila de Marín de boxeo de récord na súa cuarta edición

Marín
18 de abril 2024

O torneo organizado polo Team Thunder amplíase este ano na súa cuarta edición a tres xornadas de competición coa aspiración de converterse nun dos maiores eventos da historia do boxeo galego

Open Vila de Marín de Boxeo
Open Vila de Marín de Boxeo / Team Thunder

O Team Thunder quere converter o Open Vila de Marín de Boxeo nun dos maiores eventos pugilísticos da historia de Galicia.

Por iso, para a súa cuarta edición e ao coincidir coa ponte das Letras Galegas, decidiu ampliar a tres as xornadas de competición.

Ademais isto permitirá abrir o open ás categorías elite e 'schoolboys', reunindo desta forma a deportistas desde os 10 anos ata a categoría absoluta.

Nesta ocasión o Open Vila de Marín celebrarase no pavillón do colexio SEI San Narciso, os días 17, 18 e 19 de maio.

A previsión do Team Thunder é poder contar con máis de 250 participantes chegados desde diversos puntos de España e tamén de Portugal.

Todo un esforzo para colocar con letras cada vez máis grandes o nome de Marín no mapa do boxeo nacional.