Un penalti inexistente permite ao Arosa derrotar (1-0) ao ÿrdenes

O Salnés
13 de outubro 2014

A polémica actuación do colexiado vigués, David Novás Benavides deixa ao conxunto arlequinado cun menos de forma inxusta e logo sanciona co máximo castigo unha acción intranscendente na área visitante. Os de Piscis dominan no primeiro tempo, pero seguen sen despregar un bo xogo

Partido entre Arosa e Boiro na Lomba Diego Torrado

O lendario Helenio Herrera sostiña aquilo de que con dez xogadores se xoga mellor que con once. Na Lomba esa circunstancia así deuse, aínda que o xogo arlequinado non mellorase ostensiblemente, sobre todo en aspectos técnicos do xogo ao primeiro toque no centro do campo, pero o nexo fundamental que debe harmonizar o fin primordial do fútbol, que son as ocasións de gol, non chegaban por non ter o seu mellor día o capitán arosista Adrian Camiño, e non funcionar a conexión que debe existir entre a media punta e os dianteiros. Así o reflectía o seu rostro cando xa nos últimos compases do encontro o míster local decidiu cambialo, para reforzar o centro do campo ante as incursións visitantes na busca do gol do empate.

Con anterioridade a esta situación producíronse dúas circunstancias claves no transcurso do partido. Dúas decisións tomadas polo colexiado vigués David Novás, que mostran claramente que o seu nivel de arbitraxe non se encontra á altura da capacidade que se lle esixe para repartir xustiza nunha categoría como a Terceira División.

A expulsión do centrocampista local Rivas, no minuto 51, nunha xogada lóxica do choque de dous contrarios, onde marcar a tarxeta amarela por esta circunstancia nos fai pensar que nos encontramos nun partido de alevins. Non se pode prexudicar a un equipo deixándoo con dez xogadores ao comezo da segunda parte por unha decisión tan desacertada como a tomada polo trenciña correspondente, que sumada á sufrida no minuto 36 enviou ao bravo xogador local á caseta.

O certo é que transcorrido o minuto 64, e tras unha incursión pola banda de Quique Cubas, o colexiado decide sancionar coa pena máxima ao ÿrdenes, sementando o total estupor nas bancadas da Lomba, tanto que algún dos asistentes se sorría dicindo que "o penalti non o viu nin el", referíndose ao árbitro. O lanzamento deste por Esteban Capelo, recén saído da súa lesión de principio de tempada, permitiu co seu acerto que o equipo local puidese anotarse os tres puntos.

O Arosa segue sen brillar. Mellora en diversos aspectos e remarca algúns moi importantes como non encaixar goles. Non obstante a afección esixe máis ao equipo, esperamos que o próximo domingo coa visita do líder CD Choco vexamos un partido á altura do que reflicte o alto da clasificación.

AROSA SC (1): Jorge Pérez; Juanjo, Nano, Martín, Juan Rodríguez, Rivas, Nando, Yago Pérez (Capelo, min. 60), Pablito (Vixo, min. 73), Adrián Camiño (Santi Padín, min. 82) e Quique Cubas.

SD ÿRDENES: Mario; Rendo (Álex Blanco, min. 70), Jesús Torres, David Rey, Cabrejo, Cea (Nacho, min. 81), Ángel, Julián, Juanpa, Chino (Abelenda, min. 74) e Souto.

Árbitro: David Novás Benavides (Vigo), auxiliado nas bandas por David Veloso Prado e Zulema González González. Expulsou o xogador do Arosa, Rivas, por dobre amoestación (minuto 51). Amoestou a Cea, Juanpa, Jesús Torres, Souto e Álex Blanco, polo Ordes.

Goles: (1-0) Minuto 65: Capelo, de penalti.

Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía). Uns 600 espectadores.