O que lle faltaba á Sociedad Deportiva Teucro. Á súa mala situación clasificatoria, con sete derrotas en sete partidos na División de Honra Prata, sumouse agora o coronavirus.
O club pontevedrés decidiu este martes a suspender do adestramento do primeiro plantel tras detectar un positivo entre os xogadores.
En concreto o xogador afectado foi sometido a un test de antíxenos tras sentir malestar e síntomas compatibles co virus, dando resultado positivo.
Ante o resultado e por precaución, o equipo dirixido por Irene Vilaboa decidiu parar coa intención de minimizar no posible os riscos de contaxio entre o resto do plantel.
A pesar de contar con todo o plantel vacinado e sen necesidade por tanto de confinamento, as dúbidas asaltan agora o club, que puxo a situación en coñecemento do Servizo Galego de Saúde e asegura atoparse á "espera de indicacións sanitarias".
A próxima xornada de liga para o Teucro, polo momento no aire, tería que disputarse o vindeiro sábado 27 de novembro (19.30 horas) na pista do Amenabar Zarautz vasco.