Un trail urbano nocturno, novidade do Circuíto de Carreiras Populares 2017

Pontevedra
22 de decembro 2016

Tras celebrar a súa primeira edición en novembro na Eurocidade Valença-Tui, a Urban Trail Night chegará a Pontevedra o próximo 4 de marzo

Urban Trail Nigth Eurocidade Valença-Tui
Urban Trail Nigth Eurocidade Valença-Tui

O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra prepara novidades para a que será a súa quinta edición.

Ademais das probas tradicionais e consolidadas xa no calendario deportivo da cidade, en 2017 a cidade de Lérez acollerá un trail urbano nocturno.

Tras celebrar a súa primeira edición en novembro na Eurocidade Valença-Tui, a carreira Urban Trail Night organizada por Qualité Sport Events en colaboración co Concello de Pontevedra disputarase na cidade de Lérez o día 4 de marzo.

Serán 14 quilómetros de percorrido por distintas zonas da cidade, desde o centro histórico á beira do Lérez alternando tramos de asfalto, terra, beirarrúas e parques, a partir das 20:00 horas, polo que será obrigatorio participar con luz frontal, segundo desvelou a organzación.

O evento incluirá ademais unha andaina popular de 10 quilómetros.

As inscricións da Urban Trail Night de Pontevedra habilitaranse a mediados do mes de xaneiro na web oficial do evento, www.urbantrailnight.com.