Unha campaña de socios no Poio Pescamar "para que a Marea Vermella suba máis alta que nunca"

Poio
29 de agosto 2023

O club conserveiro deu a coñecer a campaña de socios para a nova tempada, na que mantén os seus prezos esperando manter a conexión coa bancada que se viviu o pasado curso na Seca

Bancada da Seca no partido de liga entre Poio Pescamar e Burela
Bancada da Seca no partido de liga entre Poio Pescamar e Burela / Cristina Saiz

Ademais do histórico segundo posto na liga regular, a campaña do 25 aniversario do Poio Pescamar deixou un gran sabor de boca na entidade pola comuñón lograda na bancada da Seca cos seus afeccionados.

É por iso que coa súa nova campaña de socios para o curso 23-24 a entidade conserveira pretende que "a Marea Vermella  suba máis alta que nunca".

Para logralo o Poio Pescamar decidiu manter o prezo dos seus abonos, fixando en 25 euros o carné estándar.

Ademais o abono familiar custará 50 euros (válido para tres persoas da mesma familia) e o de empresa 100 euros (cinco carnés).

As renovacións de socios e novas altas poden xestionarse a través do correo electrónico [email protected] e no wasap 676 52 22 43.