"Unidos por un mesmo obxectivo", reza a campaña posta en marcha polo Pontevedra Club de Fútbol de cara ao importante partido do próximo domingo de marzo (19.00 horas) ante o Unión Adarve no Estadio Municipal de Pasarón.
A visita do líder é unha das últimas oportunidades para poñerse a tiro de pedra do primeiro posto e por tanto do ascenso directo, para o que a axuda da bancada antóllase como vital.
Por ese motivo a entidade granate decidiu dar a opción aos seus socios de que retiren, de balde, unha entrada de acompañante para a súa mesma bancada.
Esta invitación debe retirarse anticipadamente nas oficinas de Pasarón ata o venres (9.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00 horas) ou en despacho de billetes o mesmo día do partido a condición de que se reserve antes do venres enviando un correo electrónico a [email protected] indicando o nome completo e o número de socio.
Ademais o Pontevedra confirmou o prezo das localidades para o choque, que serán de 25 euros na bancada de Tribuna, de 15 euros en Preferencia e Fondo Norte e de 10 euros en Fondo Sur no que respecta ao público adulto. Pola súa banda os menores de 16 anos deberán pagar 15 euros en Tribuna e 5 euros no resto de bancadas.
Domingo de fútbol en Pasarón
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) March 22, 2022
Domingo 27
19:00
Municipal de Pasarón
@UnionAdarve
Una entrada GRATIS para cada socio en su misma grada
Toda la información en el hilo pic.twitter.com/gXjJbosUGJ