Pontevedra acollerá este sábado outra gran cita do piragüismo galego, coa celebración da primeira Copa Galega de Sprint nas categorías cadete e veterano, tanto masculina como feminina. O Complexo Deportivo David Cal será o lugar onde os trinta equipos participantes medirán as súa forza e velocidade nas diversas probas de K-2, C-2, K-4, C-4 e Paracanoe, en distancias de 200, 500 e 1000 metros.
A xornada de competición dividirase en dúas quendas: unha primeira na que se disputarán as series a contrarreloxo, entre as 9.30 e as 11.30 horas, que servirán de clasificatorio para as finais das respectivas competencias; e a continuación, dará comezo o torneo coa serie a contrarreloxo do K-2 500 en categoría cadete masculino, que se pechará coa Final A do K-4 1000 veterano masculino, ás 14:20 horas, e coa posterior cerimonia de entrega de medallas coa que se clausurará o evento.
Nesta Copa Galega de Sprint participarán clubs procedentes de toda a comunidade autónoma: Bouzas Caiac, Club As Torres Romería-Vikinga, Club Cabanas KDM, Club CMDC Breogán do Grove, Club Cofradía Pescadores Portonovo, Club de Mar Ría de Aldán-Gandón S.A, Club de Priragüismo Cambados, Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, Club Deportivo Náutico de Miño, Club Escola Piragüismo Poio-Conservas Pescamar, Club Fluvial Avion-Castrelo de Miño, Club Fluvial de Lugo, Club Grupo Xuvenil Piragúismo As Pontes, Club Kayak Vigo, Club Kayak Tudense, Club Náutico de Cobres, Club Náutico O Muíño de Ribadumia, Club Náutico Pontecesures, Club Náutico Ría de Pontevedra, Club Naval de Pontevedra, Club Piragüismo Ciudad de Lugo, Club Piragüismo Rías Baixas- Boiro, Club Piragüismo Río Verdugo, Club Piragüismo Verducido Pontillón, Club Piragüismo Vilaboa, Club Ría de Betanzos, Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Piragüismo Ourense, Real Club Náutico Rodeira de Cangas e Sociedad Deportiva As Xubias.