Unha xogada que marcou un partido: Así xustificou o árbitro o penalti e expulsión decisivos fronte ao Talavera

Pontevedra
12 de setembro 2022

Corría o minuto 17 de partido entre Pontevedra e Talavera cando o colexiado do encontro sinalou a pena máxima e expulsou a un xogador visitante por derrubar a Oier Calvillo, a pesar de que o contacto pareceu producirse fose da área. Unha acción xustificada no acta pero que segue deixando moitas dúbidas

Xogada do penalti sobre Oier Calvillo no partido de Primera RFEF entre Pontevedra CF e Talavera en Pasarón
Xogada do penalti sobre Oier Calvillo no partido de Primera RFEF entre Pontevedra CF e Talavera en Pasarón / Mónica Patxot

A goleada do Pontevedra ao Talavera no Estadio Municipal de Pasarón, na terceira xornada de liga de Primeira RFEF, estivo sen ningunha dúbida marcada por unha acción, o penalti e expulsión que supuxo o primeiro tanto granate.

Corría o minuto 17 cando Oier Calvillo recibiá un balón en profundidade adiantándose ao seu defensor, cruzábase diante del e era derrubado claramente caendo dentro da área. O colexiado, o asturiano Francisco García Risco, sinalaba o punto de penalti e mostraba a tarxeta vermella ao visitante Ander Gayoso.

Ademais de por o feito de que o primeiro contacto semella producirse con claridade fóra da área, o castigo colleu a moitos afeccionados por sorpresa pensanso no cambio de normativa que leva nos últimos anos, ao sinalar penalti, a mostrar unha simple amarela para evitar un castigo excesivo sempre que a infracción se produza co balón dividido. A área de feito marca a cor da amoestación. Así, se a mesma xogada fose decretada fóra da zona de meta si sería procedente mostrar unha vermella sempre que se trate dunha ocasión manifesta de gol.

En todo caso, o árbitro xustificou na acta posterior que o motivo da expulsión foi "empuxar a un adversario co brazo por detrás, evitando con iso unha ocasión manifesta de gol, sen opción de disputar o balón". Esta última apostila, "sen opción a disputar o balón", é a que resulta decisiva á hora de entender o castigo final.

Polémica das boas, que daría para encher minutos e minutos de televisión de tratarse da Primeira División, e que a conta especializada en arbitraxes Mr. Asubío explicou da seguinte maneira.