Vacacións ata o 2 de xaneiro para un Arxil que despide o ano de bo humor

Pontevedra
21 de decembro 2023

Tras un inicio de competición irregular, o conxunto pontevedrés logrou darlle a volta á situación para chegar ao parón do Nadal en postos de play-off de ascenso, cun balance de 8 triunfos e 3 derrotas empatado co terceiro clasificado

Adestramento do Arxil 2023-2024
Adestramento do Arxil 2023-2024 / Mónica Patxot

O Club Baloncesto Arxil pecha a persiana polo Nadal. Faino este xoves co tradicional Torneo Cidade de Pontevedra no que competirán os seus equipos de base e a que é xa a súa XXVII edición.

Pero máis aló desta actividade no Pavillón Universitario, o club pontevedrés marcha de vacacións cun sorriso e con bo humor pola situación do seu primeiro equipo na Liga Feminina 2.

Tras un inicio de competición irregular, o conxunto pontevedrés logrou darlle a volta á situación para chegar ao parón do Nadal en postos de play-off de ascenso. É quinto cun balance de 8 triunfos e 3 derrotas, empatado co terceiro clasificado e a só unha vitoria do segundo posto.

Más lonxe queda o líder Segle XXI, un equipo dependente da Federación Catalá de Baloncesto e que non pode subir de categoría polas condicións que lle impón a Federación Española. Por iso é polo que o quinto lugar de dereito agora mesmo a un posto na fase de ascenso, obxectivo do persoal dirixido por Mayte Méndez.

As derrotas sufridas ademais correspóndense dúas delas ao comezo de tempada fronte ao imbatido Segle XXI e no debut fronte ao Miralvalle, no que caeron na prórroga, xunto ao encontro da pasada fin de semana en Xirona no que acusaron o cansazo de disputar outro encontro 24 horas antes.

O Arxil descansará agora ata o día 2 de xaneiro, cando está previsto que retome os adestramentos pensando no regreso da Liga Feminina 2 esa mesma semana, coa visita do Tenerife o 7 de xaneiro (12.00 horas) ao pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A nivel de estatísticas o cadro verde anota de media 66,3 puntos por partido e recibe 61, sendo o cuarto mellor equipo en porcentaxe de tiros de dous puntos (40,3%) e o segundo en triplos (29%), mentres que en tiros libres promedia o 64% de acerto. Tamén destaca nos rebotes defensivos sendo o segundo mellor da liga neste apartado (28,4 por partido).

Todo eles con xogadoras como Nerea Liste que encabeza o ranking de valoración da competición (21,09 por partido) ou Heather Forster, sexta nesa mesma clasificación (16,64 de valoración por encontro).