Valladolid, primeira parada na maratón de partidos do Cisne ata final de mes

Pontevedra
09 de novembro 2020

O conxunto pontevedrés, tras unha fin de semana de descanso, volve á competición este martes 10 de novembro na Liga Asobal visitando a cancha do Atlético Valladolid

Adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes
Adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes / Mónica Patxot

Os compromisos internacionais da Selección Española deixaron o Dicsa Modular Cisne unha fin de semana relaxada, aprazando o encontro que tiña previsto disputar co Logroño para recuperar unha das xornadas perdidas, pero ese particular descanso deixa agora paso a un calendario apertado con ata cinco partidos da Liga Asobal de aquí ao fin do mes de novembro.

A primeira desas citas para os de Jabato será xa este mesmo martes día 10 (20.00 horas, LaLigaSports) na pista do Atlético Valladolid, actual cuarto clasificado con 12 puntos.

"Es un desplazamiento complicado, un equipo que ha comenzado esta temporada muy bien", recoñece o segundo adestrador cisneísta, Quiños.

A parte positiva para Jabato é que, ao contrario que o sucedido ante o Barcelona no seu último encontro, todo o plantel afectado pola Covid atópase xa de alta, sen baixas por esas circunstancias.

"Nos obligará a hacer las cosas muy bien si queremos sacar algo de allí", engade o técnico sobre un rival que conta con "una defensa muy bien planteada, un 6-0 cerrado en zona central. Además su portería está funcionando muy bien e intentan explotar su contraataque. Luego en ataque tienen mucha movilidad".

Tras este encontro, o Cisne ten previsto recibir o vindeiro sábado 14 no Municipal ao Bidasoa, segundo clasificado, paso previo a unha semana na que afrontará tres desprazamentos: Benidorm (20 de novembro), Guadalaxara nun encontro aprazado no seu día (25 de novembro), e Sinfín (28 de novembro).