A XI edición do Torneo Vila de Caldas de fútbol base celebrado durante a ponte festiva foi "un éxito de participación e organización".
Así o define o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Fariña, tras vivir unha "festa do fútbol" na que participaron 30 equipos de 20 clubs, con ao redor de 700 deportistas.
"Queremos que este torneo sexa unha experiencia para as nenas e nenos e tamén para os seus pais e nais, que poden combinar deporte con turismo aquí en Caldas nunhas datas como a Semana Santa nas que sabemos que hai moitas ganas de aproveitar para coñecer novas localidades. Para nós como Concello o Torneo Vila de Caldas é unha oportunidade única para vendernos", afirmou Fariña.
A nivel estritamente deportivo o Arosa foi o gañador na categoría alevín seguido de Pabellón Ourense, ED Val Miñor e EF Portero 2000.
Pola súa banda no torneo benxamín o vencedor foi o ED Val Miñor seguido do Arosa SC, EF Portero 2000 e SD Compostela.
