Velocidade de cruceiro para o Waterpolo Galaico antes dos play-off

Pontevedra
09 de febreiro 2016

A tres xornadas para o final da liga regular, o cadro pontevedrés mantense líder destacado da competición tras vencer con claridade ao Marina Ferrol (18-2)

Equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Galaico
Equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Galaico / CW Galaico Pontevedra

O Waterpolo Galaico non baixa o ritmo á fronte da clasificación da Liga Galega Absoluta de Primeira División.

A falta de tres xornadas para o final da liga regular, os pontevedreses seguen líderes destacados con 21 puntos despois de vencer con claridade ao Marina Ferrol (18-2) na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A pesar de acumular fallos en ataque, os pupilos de Javi de Sáa anotaron con facilidade, o que sumado ao notable traballo defensivo non permitiu marcar aos visitantes ata o último cuarto.

O Galaico ten agora seis puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, CW Santiago e CN Coruña, equipos aos que aínda debe enfrontarse e ante os que debe asegurar un primeiro posto que lle daría vantaxe de campo no play-off.

WATERPOLO GALAICO (18): Raúl, Rober (3), Manu (1), Rubén (1), Aarón (1), Mauro, Ángel (1), Andrés (5), Juanjo (2), Luis, Bran (3), Pablo, Artai.

CLUB MAREA FERROL (2): Castro, Sanz (1), Pérez, Tellado, Espiñeira, Bonome (1), Ponte, Rey, Pumariño, Uria, Lázaro, Toro, López.

Parciais: 5-0, 3-0, 6-0, 4-2.