Verducido énchese de piraguas coa disputa do Campionato Galego Sprint infantil e cadete

Pontevedra
04 de xullo 2021

Un total de 656 deportistas pertencentes a 69 clubs de toda Galicia encheron esta fin de semana no Pontillón do Castro de Verducido para disputar o Campionato Galego de Piragüismo Sprint de categorías infantil e cadete

Campionato Galego de Piragüismo Sprint infantil e cadete
Campionato Galego de Piragüismo Sprint infantil e cadete

Un total de 656 deportistas pertencentes a 69 clubs de toda Galicia encheron esta fin de semana no Pontillón do Castro de Verducido para disputar o Campionato Galego de Piragüismo Sprint de categorías infantil e cadete.

Na proba infantil, disputada o sábado durante todo o día, o vencedor foi o Fluvial de Lugo, que logrou 282 puntos na clasificación masculina por clubs. O podio completárono o As Torres-Romaría Viquinga con 251 puntos e o Náutico Firrete con 236. 

O Naval de Pontevedra foi cuarto (204 puntos); a EP Ciudad de Pontevedra foi sétima (152); o CP Verducido-Pontillón, noveno (136) e o Confradía Pescadores Portonovo, décimo (131).

En canto á clasificación infantil feminino, a medalla de ouro levouna o CN Pontecesures (271 puntos), o Ría de Betanzos fíxose coa de prata (232) e o Náutico de Cobres, coa de bronce (223).

Rozou o podio a EP Ciudad de Pontevedra, cuarta con 194 puntos, metres que o Confradía Pescadores Portonovo foi quinto con 173.

Finalmente, na última xornada, celebrada o domingo en xornada matinal, o equipo gañador en categoría cadete masculina foi o Club Náutico Firrete con 208 puntos. A EP Ciudad de Pontevedra foi segunda con 196 e terceiro, o Náutico Pontecesures con 182. 

A EP Poio-Conservas Pescamar foi cuarto con 131 puntos; sexto, o As Torres-Romaría Viquinga con 119; noveno con 94 puntos, o Confradía de Pescadores Portonovo e décimo foi o Club Naval de Pontevedra con 86.

Por último, o CN Pontecesures foi o claro vencedor en categoría cadete feminina con 271 puntos. O CP Verducido-Pontillón logrou a segunda posición con 153 e o Kayak Tudense foi terceiro con 123.

Cuarto foi a EP Poio-Conservas Pescamar con 102, o O Muíño foi quinto con 72, o CP Illa de Arousa, sexto con 66 e o Confradía Pescadores Portonovo, sétimo con 61.

Ao acto de entrega de medallas acudiron o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez.

Consulta os resultados do Campionato Galego de Piragüismo Sprint de categorías infantil e cadete celebrado en Verducido