O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu este domingo a segunda edición do Encontro Interclubes de atletismo. Ao redor de 300 atletas de diferentes categorías basee déronse cita para lograr a marca mínima para acceder aos campionatos galegos do devandito deporte.
A participación máis numerosa tivérona o Atletismo Rías Baixas, Deportivo Pinarium e Atletismo Redondela, equipos organizadores do evento en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello de Pontevedra.
Así, baixo estritas medidas de seguridade e un protocolo de actuación con motivo da pandemia pola covid-19, deu comezo a competición coas probas de lanzamento de peso ao redor das 10:00 horas. A xornada concluíu sobre as 13:30 coas carreiras de velocidade.