Seguen as despedidas no Pontevedra Club de Fútbol. O último en confirmar a súa saída da disciplina granate foi o lateral dereito Víctor Eimil.
"Chega o momento de pechar unha etapa que vou levar sempre comigo", explicou este sábado o xogador a través das súas redes sociais.
Eimil, formado na canteira do Deportivo, chegou a Pasarón o pasado verán.
Xogou 29 partidos coa camiseta do Pontevedra e marcou dous goles.
As lesións, con todo, non o respectaron e perdeu o tramo final da tempada, playoff de ascenso incluído, por unha rotura muscular.
Na súa mensaxe de despedida, o defensa asegura que "non sei se hai palabras suficientes para explicar todo ouvivido este ano", pero non dúbida en deixar claro que "marcho con moito máis do que cheguei".
"O fútbol ás veces dá alegrías e outras veces ensínache, pero hai camiños que merecen a pena simplemente por quen atopas nel", subliña Víctor Eimil.
Agradeceu ao club, aos seus compañeiros, á afección e a toda a cidade o trato recibido neste último ano "e que me fixeron sentir como en casa".
O de Vilalba sentencia que está "orgulloso" de defender a camiseta do Pontevedra "e de ser parte desta familia".
❤️🦴 pic.twitter.com/W6bY6J1d4f
— Viictor🦴 (VictorEimil2) July 4, 2026
Desde o Pontevedra CF, tamén por redes sociais, desexáronlle ao xogador moita sorte no seu novo destino, aínda por anunciarse.
"Nunha soa tempada deixaches aquí o teu traballo, o teu compromiso e, sobre todo, a túa calidade humana", manifestou a entidade.