Víctor Riobó e Leticia Fernández impóñense nunha Carreira Popular Santiaguiño do Burgo de récord

Pontevedra
25 de xullo 2015

Case mil atletas, entre as categorías absolutas e as inferiores, participaron nunha brillante XIX edición da Carreira Popular Santiaguiño do Burgo, cuarta cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra

Víctor Riobó entra vencedor na meta da XIX Carreira Popular de Santiaguiño do Burgo PontevedraViva

Espectacular xornada de atletismo a vivida na mañá deste sábado 25 de xullo coa celebración da XIX edición da Carreira Popular Santiaguiño do Burgo.

A cuarta cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra congregou preto dun milleiro de atletas, entre os case 700 inscritos na proba absoluta e os deportistas que tomaron parte nas carreiras das categorías inferiores.

Na proba absoluta Víctor Riobó e Leticia Fernández foron os primeiros en completar os 6.450 metros de percorrido polas marismas de Alba para levarse o triunfo.

Riobó chegou a meta cun tempo de 20:10 superando nos últimos metros a Iván Docampo (20:13). Completou o podio masculino Elías Domínguez (20:23), mentres en categoría feminina Leticia Fernández (23:05) superou a Anais Rivas (25:04) e Barca Toba (25:12).

Consulta aquí as clasificacións completas da carreira.