Víctor Rodríguez, o seguinte en renovar co Teucro

Pontevedra
24 de xuño 2015

O club azul conta xa con dez xogadores confirmados para o próximo ano dos 16 cos que quere contar Quique Domínguez. Víctor seguirá en Pontevedra as dúas próximas tempadas  

Víctor Rodríguez nunha xogada do partido entre Teucro e Barakaldo
Víctor Rodríguez nunha xogada do partido entre Teucro e Barakaldo / Diego Torrado

A contagotas. Así está a anunciar a Sociedad Deportiva Teucro a composición do plantel da próxima tempada en función que vai pechando a renovación de moitos dos xogadores que defenderon a camiseta azul a pasada liga. 

Nesta ocasión foi a quenda de Víctor Rodríguez, que seguirá no equipo pontevedrés dous anos máis tras chegar a un acordo coa entidade teucrista.

O lateral competirá por un posto en ataque con José Manuel Rial e aspira a seguir sendo un peza importante no esquema defensivo de Quique Domínguez.

Con esta renivación son xa dez os xogadores con contrato en vigor dos 16 cos que quere contar o técnico pontevedrés.

As principais dúbidas agora céntranse en que sucederá con varios xogadores do equipo que aínda non confirmaron o seu futuro, casos de David Chapela, Borja Pedreira, Iago Gómez, Adrián Pumar e Carlos Pombo.