VÍDEO.- Andrea Mirón, candidata a mellor xogadora e gol do ano nos Beach Soccer Stars

Pontevedra
16 de abril 2025

A futbolista pontevedresa, que xa quedou hai un ano a un paso de ser nomeada como a mellor xogadora do mundo, aspira nesta ocasión a dous galardóns nos premios anuais de Beach Soccer

Andrea Mirón nun partido da Selección Española de Fútbol Praia
Andrea Mirón nun partido da Selección Española de Fútbol Praia / RFEF

É unha das mellores juugadoras de fútbol praia do planeta, e os nomeamentos dos Beach Soccer Stars, premios anuais deste deporte, volvérono a demostrar.

Andrea Mirón aspira a dous dos galardóns principais, segundo deuse a coñecer na presentación de candidatos.

A pontevedresa competirá por segundo ano consecutivo por facerse co premio á mellor xogadora de fútbol praia do mundo.

Repiten de feito o tres finalistas de hai un ano, xa que xunto a Mirón aparece a brasileira Adriele Rocha, que levou o último premio, e a española Adriana Manau.

Ademais Andrea Mirón é unha das dez aspirantes, mulleres e homes, a levar o premio ao mellor gol da tempada.

No seu caso o tanto o conseguiu nun partido entre España e Suíza correspondente ao Euro Beach Soccer League Nazaré 2024.

Un gol case desde a súa propia portaría e polo que se pode votar até o próximo 29 de abril.

As votacións permanecen abertas na páxina web de Beach Soccer.