Por segundo ano consecutivo Andrea Mirón quedou ás portas de ser nomeada mellor xogadora mundial de fútbol praia.
A pontevedresa, capitá da Selección Española, era unha das tres finalistas do principal galardón dos Beach Soccer Stars, premios anuais deste deporte que se entregaron este xoves nunha gala celebrada en El Puerto de Santa María, en Cádiz.
Alí estase a disputar estes días a Women's Euro Beach Soccer League.
Con todo, do mesmo xeito que hai un ano, foi a brasileira Adriele Rocha a que levou o premio á mellor futbolista do ano por diante da propia Mirón e da tamén española Adriana Manau.
Iso si, Andrea Mirón non se foi sen carga da gala, xa que aspiraba a outro dos grandes premios, o de mellor gol da tempada.
Mirón era unha das dez aspirantes, mulleres e homes, a este galardón.
No seu caso por un tanto conseguido nun partido entre España e Suíza correspondente ao Euro Beach Soccer League Nazaré 2024.
Un gol case desde a súa propia portaría que foi escollido como o máis bonito do ano polos Beach Soccer Stars.
🚨 ¡¡Ayúdanos a ganar el MEJOR GOL año!!
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) April 16, 2025
🗳️ VOTA 1 | Andrea, por “el gol desde mi casa”.
🗳️ VOTA 5 | Paqui, por “la chilena perfecta”.
➡️ LINK DIRECTO: https://t.co/C9c9DSim6s
Contamos con nuestra afición, ¿verdad que si?#FútbolPlayaRFEF | #BeachSoccerStars | #BSS2024 pic.twitter.com/AGJi1su1Z8