Cunha sinxela sucesión de fotografías da base do Pontevedra Rugby Club e unha voz en off que relata o crecemento como deportistas e persoas dos mozos do club que empezaban a descubrir un deporte minoritario na cidade do Lérez realizado para o final da tempada do equipo sub 16 que os enfrontou ao RC Vigo, o conxunto pontevedrés quixo conmemorar o primeiro aniversario daquel partido e aquela peza audiovosual que calou nos corazóns de toda a familia.
"Unidos na melé pódese mover o mundo", asegura o locutor para destacar a importancia da unión e do traballo en equipo sobre o terreo de xogo e tamén nunha sociedade que xoga estes días uno dos partidos máis decisivos da historia.
O vídeo, compartido nas redes sociais do club, correu como a pólvora acumulando decenas de likes e veces compartido. Ademais serviu para desexar ánimo a todos os membros do club que, como o resto de deportistas, víronse privados da práctica deste deporte para acatar as normas do decreto de alarma.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.