VÍDEO.- O Pontevedra Rugby Club adestra na casa... á súa maneira

Pontevedra
29 de marzo 2020

Engadindo un toque de diversión aos adestramentos, desde o Pontevedra Rugby Club queren mandar forzas e ánimo para motivar á xente a que quede en casa e así pasar canto antes a crise sanitaria que se está vivindo

O Pontevedra Rugby Club entrena en casa... a su manera / Pontevedra Rugby Club

O Pontevedra Rugby Club quixo sumarse aos clubs da comarca para mostrar os seus adestramentos caseiros a través dun divertido vídeo.

En tempos de coronavirus, hai que buscar alternativas para manterse activo e en forma sen saír de casa, por iso o club expuxo unha serie de rutinas para facer máis levadío o confinamento: xogos con papel hixiénico, levantamento de botellas de auga e de familiares... Son algunhas das técnicas ás que recorren.

"Es momento de hacer piña, hacer equipo, ser familia. Sabemos que antes o después volveremos a nuestras rutinas, a los entrenamientos, a juntarnos en los partidos de nuestros equipos, a organizar nuevos eventos y actividades del club, a hacer quedadas, a abrazarnos...pero mientras tanto, toca mandar desde nuestras casas toda nuestra fuerza y ánimo para ganar este partido al #Covid19", comentan nas redes sociais.

Engadindo un toque de diversión aos adestramentos, desde o Pontevedra Rugby Club queren mandar forzas e ánimo para motivar á xente a que quede en casa e así pasar canto antes a crise sanitaria que se está vivindo.