VÍDEO.- Participaches na Gladiator Race? Gustarache o vídeo oficial da proba

Pontevedra
15 de xuño 2017

A organización da Gladiator Race, que congregou máis de 2.000 deportistas na súa terceira edición en Pontevedra, quixo homenaxear aos participantes cun vídeo oficial da carreira

Gladiator Race 2017 na Illa das Esculturas
Gladiator Race 2017 na Illa das Esculturas / Diego Torrado

Foi unha xornada de diversión, deporte e sobre todo bo ambiente con case 2.200 'gladiadores' na Illa das Esculturas.

A Gladiator Race de Pontevedra consolidouse na súa terceira edición a beiras do Lérez grazas a obstáculos de barro, lume, auga, montañas de madeira ou probas de escalar e reptar, entre moitas outras.

A satisfacción foi total entre participantes, con ganas de pasar unha gran xornada e tamén de superarse.

A todos eles a organización da proba, a cargo de Qualité Sports Events, fíxolles unha homenaxe elaborando un vídeo oficial, que serve para rememorar as emocións vividas e de paso empezar motivar aos deportistas para que repitan na próxima edición.