VÍDEO.- "Sentirás diferente. Serás Peixe, Serás de ouro"

Marín
30 de agosto 2016

O Marín Peixe Galego busca cun vídeo promocional dar un impulso a súa campaña de socios animando aos seus afeccionados para subirse ao espectáculo da Liga LEB Ouro de Baloncesto

Fotograma do vídeo promocional do Peixe Galego 16/17
Fotograma do vídeo promocional do Peixe Galego 16/17 / Rafa Sabugueiro / www.fotorobel.com

"Fainos sentir. Dános leccións. Fainos gritar". Así comeza o vídeo promocional que acaba de lanzar o Marín Peixe Galego ante a que será unha tempada histórica, a do seu debut na liga LEB Ouro de baloncesto.

O club marinense busca incrementar os seus apoios e masa social lembrando a catarata de emocións e sentimentos que provocou o ascenso á segunda división nacional.

De feito, ademais de xogadores e corpo técnico, os afeccionados son tamén protagonistas do 'anuncio'.

"Abónate. Sentirás diferente. Serás Peixe. Serás de Ouro", reza un vídeo que foi elaborado por Rafa Sabugueiro (www.fotorobel.com).

Video promoción PEIXEGALEGO 16/17 from RAFA SABUGUEIRO on Vimeo.