O VIII RallyMix Cuntis Vila Termal, con 91 equipos inscritos

Umia
18 de setembro 2025
Actualizado: 14:37

Non faltarán en Cuntis os principais nomes do campionato galego, que chega á súa penúltima cita puntuable do calendario

VII edición do RallyMix de Cuntis Vila Termal
VII edición do RallyMix de Cuntis Vila Termal / Cristina Saiz

Todo preparado para que os motores comecen a ruxir no VIII RallyMix Cuntis Vila Termal.

A proba automobilística, penúltima cita puntuable do campionato galego da especialidade, contará este próximo sábado 20 de setembro cunha importante participación.

A lista de inscritos pechou oficialmente con 91 equipos participantes e cos principais nomes do certame autonómico presentes.

Na Clase A serán 47 os pilotos e equipos participantes, entre os que se atopan o líder do campionato galego, Javier Ramilo (190 puntos con tres triunfos en cinco probas disputadas), e tampouco o seu principal perseguidor, Alfonso Ventín (144 puntos).

Ademais a Clase B de vehículo carrozados contará con 44 participantes.

Entre as novidades nesta categoría, destaca a Escudería Cuntis Vila Termal, está a presenza de Iago Caamaño e Alberto Rodríguez co seu Ford Fiesta R5, e tamén de José Lamela e Unai Conde nun Toyota Yaris N5.

O VIII RallyMix Cuntis Vila Termal arrincará ás 9.00 horas do sábado, con catro mangas cronometradas oficiais ao longo da xornada.

Todo nun percorrido que se realizará en sentido inverso ao da pasada edición e que foi compartido nun vídeo 'on board' pola organización.