Aínda non pechou 2023, pero o Pontevedra Club de Fútbol pensa xa tamén no seu primeiro partido do ano, un novo derbi no campo do Racing Villalbés (domingo 7 de xaneiro, 16.00 horas).
Será a primeira oportunidade que terá a 'Marea Granate' para apoiar o seu equipo nun encontro fóra da casa, como xa fixo esta tempada nos seus duelos fronte a Coruxo, Zamora e Ourense.
Por iso o club pontevedrés poñerá ao dispor dos seus seguidores a posibilidade de viaxar a Vilalba nun autocar organizado.
O autobús, cun custo de 25 euros (entrada incluída) para os maiores de 14 anos e de 10 euros para os menores desas idade, partirá desde o Pavillón Municipal dos Deportes ás 12.00 horas do mesmo día do encontro para regresar á súa conclusión.
A inscrición poderá formalizarse nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón ata o próximo 3 de xaneiro, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
MAREA GRANATE ON TOUR
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) December 13, 2023
Destino Villalba
Viaxa coa marea granate a Lugo‼️
Saída domingo 07/01 ás 12:00 do Pavillón dos Deportes e volta ao remate do encontro
O bus sairá cun mínimo de 50 prazas cubertas pic.twitter.com/RJYfxvcWDr