O Tenis de Mesa Monte Porreiro logrou este domingo a súa primeira vitoria do 2024.
Non foi fácil, e é que o Alacante, por medio de Diego Lillo, foi o primeiro en puntuar despois de superar a Miguel Ángel Vílchez. André Silva devolveu as táboas e Martín Bentancor encargouse de voltear o resultado e colocar o 2-1.
Silva volveu á cancha en busca do terceiro punto para os pontevedreses, pero cedeu ante Makoto Kikuchi, mentres que Vílchez e Bentancor aseguraron a vitoria nas dúas últimas mangas. O primeiro superou a Kikuchi no quinto set e o segundo venceu a Marc Mirou cun cómodo 3-0 que supuxo o 4-2 no marcador final.
Desta forma, o Tenis de Mesa Monte Porreiro mantense na terceira praza da clasificación pero segue empatado a puntos co Irún e Arteal Santiago.
Consulta a acta nesta ligazón