Vitoria esmagadora do Cisne ante un Málaga moi inferior (26-34)

Pontevedra
22 de febreiro 2020

El Cisne se desplazó a Málaga para enfrontarse a un rival que viña de gañar os dous últimos partidos e mostrouse superior durante os primeiros minutos de encontro

Partido entre Cisne e Ciudad de Málaga no CGTD
Partido entre Cisne e Ciudad de Málaga no CGTD / Diego Torrado

Nova vitoria para o Cisne que segue líder indiscutible da División de Honra Prata. Os de Jabato desprazáronse a Málaga para enfrontarse a un rival que viña de gañar os dous últimos partidos e mostrouse superior durante os primeiros minutos de encontro.

O encontro comezou igualado, e balón que enviaba o Málaga á rede, era respondido da mesma maneira polo Cisne (4-4). A partir de aí chegaron varios minutos de imprecisións, onde ningún dos dous equipos foi capaz de inclinar a balanza ao seu favor ata que apareceu a figura de Álvaro Preciado para poñer aos de Pontevedra por diante no marcador por primeira vez cando se cumpría o minuto 8.

O Málaga respondeu empatando cun lanzamento desde os sete metros, dando paso aos mellores minutos do Cisne que lograba un bo colchón grazas aos tantos de José Leiras, Pablo Picallo e Alexandre Chan, obrigando ao técnico local a pedir tempo morto (5-8).

A partir de aí, os goles seguiron chegando a partes iguais para ambos, ata que se chegou ao ecuador da primeira metade e de novo os de Jabato ampliaban a renda e poñíanse cun +5 que se mantivo ata o descanso (14-19).

Tras o paso polo vestiario, o dominio do Cisne continuou grazas ao fortín defensivo e ás paradas de Villamarín, provocando que o Málaga anotase un tanto fronte aos tres dos brancos (15-22). 

Ante esa situación, os locais víronse obrigados a reaccionar se querían salvar o encontro e, tras dous erros nos lanzamentos do Cisne foron capaces de reducir unha diferenza que de novo volvéuselles a escapar cos tantos de Álvaro Preciado e Alexandre Chan (17-24)

Os de Pontevedra estában cómodos e non quixeron desaproveitar a vantaxe, senón que a ampliaron ata chegar ao ecuador da segunda metade cun +11 (18-29). 

A vitoria parecía encarrilada e os xogadores visitantes comezaron a tomarse o seu tempo para chegar á portería rival. O colexiado avisou de pasivo en dúas ocasións, e o Cisne erraba en catro lanzamentos seguidos que permitían ao Málaga maquillar o resultado ao chegar ao minuto 20 de partido (21-29). 

O dominio dos brancos continuou no marcador, impedindo que o seu rival recortase a diferenza a pesar de que os seus lanzamentos vían rede chegando ao final do encontro cun resultado de 26-34.

Consulta as estatísticas do Málaga-Cisne na seguinte ligazón.