Leonardo Volpato gana a segunda etapa da Volta a Galicia en Caldas e o Froiz presenta a súa candidatura

Umia
12 de setembro 2025

Bilyi Maksym (Cortizo) é o novo líder do xeneral con José Autran, do Froiz, na segunda posición a só 9 segundos

Segunda etapa da Volta Galicia 2025 en Caldas de Reis
Segunda etapa da Volta Galicia 2025 en Caldas de Reis / Asier Torrado - Federación Galega de Ciclismo

Caldas de Reis gozou dunha gran xornada de ciclismo coa segunda etapa da 23ª Volta a Galicia Elite e Sub-23.

Tras o crono inicial de Ribadumia, este venres era a quenda da primeira etapa en liña da rolda ciclista galega, con saída e meta en Caldas e 138 quilómetros de percorrido.

Nunha ruta con até catro ascensións puntuables como o Alto da Cruz (km 23), o Pontillón do Castro (km 73), Monte Lobeira (km 122) e O Pousadoiro (km 131), as hostilidades desatáronse moi pronto.

Con todo o pelotón empregábase a fondo para non consentir grandes diferenzas e botar abaixo unhas fugas que chegaron a contar con algo máis de 1 minutos de vantaxe.

Chegábase así até os últimos 30 quilómetros, momento no que chegaron os movementos que terminarían por decidir a carreira.

Formábase un novo grupo na cabeza, e no viaxaban José Autrán (Froiz), Leonardo Volpato (Campá Imballaggi), Emilio Llopis (Gsport), Viacheslav Ivanov e Adrián Lozano (Technosylva), Ían Gutiérrez (Cortizo) e Marc Collell e Manuel Recuerda (Telco).

Entre eles estaba a etapa nas dúas últimas ascensións, aínda que co grupo moi preto.

Ao final Leonardo Volpato atacou para chegar en solitario á liña de meta, con só 5 segundos de vantaxe sobre os escapados e 46 segundos sobre o pelotón.

Bilyi Maksym (Cortizo) se visitió pola súa banda coa camisola amarela de líder, aínda que co Froiz presentando candidatura con José Autran, terceiro na etapa e xa segundo do xeneral a 9 segundos.

Este sábado a Volta a Galicia vivirá a súa terceira etapa en Barreiros, mentres que o domingo espera a traca final en Ferrol.

Segunda etapa da Volta Galicia 2025 en Caldas de Reis
Segunda etapa da Volta Galicia 2025 en Caldas de ReisAsier Torrado - Federación Galega de Ciclismo