Volve o Dúatlon Cros Concello de Poio na súa décima edición

Pontevedra
21 de xaneiro 2016

Samieira volverá acoller a proba, segunda do calendario galego, o vindeiro domingo 24 de xaneiro desde as 11:00 horas da mañá

Presentación do X Duatlón Cross Concello de Poio PontevedraViva

O vindeiro domingo, 24 de xaneiro, Poio volverá gozar do mellor tritalón autonómico coa disputa do X Dúatlon Cros Concello de Poio.

Samieira volverá acoller unha competición que arrincará ás 11:00 horas desde o campo de fútbol e para a que se inscribiron 82 deportistas.

Todos eles deberá completar os seis quilómetros do primeiro segmento a pé, os 19,5 de ciclismo por pistas de montaña e outros 3 quilómetros a pé.

A proba é a segunda da tempada no circuíto galego, tras a celebrada hai uns días en Beariz.

Trátase dunha carreira cunha alta dificultade técnica, segundo destacaron na presentación os representantes do Club Ciclista e Tríatlon Poio, novo club que aglutina ás tres entidades deportivas de Samieira.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora