Días de celebración no Club Waterpolo Pontevedra.
O equipo pontevedrés festexa o sétimo título de campión da Liga Galega Absoluta Masculina da súa historia, tras gañar na renovada piscina de Santa Isabel o CW Santiago por 10 a 14.
O encontro disputouse o pasado venres 8 de maio para dar máis tempo ao Waterpolo Pontevedra a preparar o seu compromiso na Terceira División Nacional.
Chegaban os da Boa Vila con cinco goles de vantaxe no average particular, e saíron concetrados para tentar certificar o campionato de liga cun triunfo. Así, un parcial de 0-5 nos primeiros minutos terminou marcando o partido.
A vantaxe permitiu administrar os minutos na auga dos xogadores, que a fin de semana recibiron na Terceira División Nacional o CN Pozuelo en Rías do Sur.
Un encontro que finalizou tamén con vitoria por 12-5 que permite os pontevedreses manterse nos postos altos da clasificación.
A falta dunha jornda, o Waterpolo Pontevedra está nunha situación de triplo empate co seu próximo riuval, o Mallorca, e Olivar.
Os tres equipos, segundos, terceiros e cuartos na táboa, pugnarán por unha praza de ascenso na última xornada da competición.