Nova derrota do Club Waterpolo Pontevedra na décima xornada da Primeira División Nacional Feminina.
O equipo pontevedrés, que buscaba meterse na pelexa por entrar na parte alta da clasificación, non puido superar na piscina do CD Rías do Sur ao CW Turia valenciano, que se impuxo por un axustado 12-13.
De feito é que as valencianas, a pesar de chegar á cita ocupando a última praza, cun partido menos, foron superiores ás pontevedresas e fixéronse co control case completo do enfrontamento.
E é que o CW Pontevedra foi de menos a máis. O seu rival logrou abrir unha brecha de tres tantos no primeiro cuarto que co paso dos minutos fíxose aínda máis grande, chegando ao seis ao regreso do descanso (4-10).
Ante esa situación, as de Valencia relaxáronse e as locais apertaron os dentes, loitando cada balón para tentar levar o partido.
As xogadoras de Arthur Neves non se renderon e protagonizaron unha remonta no último cuarto que a punto estivo de darlles a vitoria, pero o parcial de 4-0 foi insuficiente e quedaron ás portas de enviar o partido á prórroga.
Consulta a acta neste enlace