O Waterpolo Pontevedra refórzase pensando na fase de ascenso

Pontevedra
19 de xaneiro 2026
Actualizado: 13:04

O club pontevedrés confirmou este luns a incorporación de Carmen Díaz, xogadora de 17 anos que procede dun equipo de División de Honra

Carmen Díaz, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra
Carmen Díaz, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

Coa permanencia asegurada e un billete para a fase de ascenso a División de Honra no peto, o Club Waterpolo Pontevedra empeza a ver cada vez máis real o soño de pelexar polo salto á máxima categoría nacional.

Por ese motivo a entidade pontevedresa, pese ao gran redimiento mostrado até a data, buscou reforzarse de cara ao segundo tramo da tempada.

Fíxoo coa incorporación de Carmen Díaz Díaz.

Trátase dunha xogadora de 17 anos formada no CW Dos Hermanas pero que chega a Pontevedra procedente precisamente da División de Honra, do CN Sant Feliu.

Aterra no bloque da Boa Vila "para gozar do waterpolo e achegar goles ao equipo", asegura o Waterpolo Pontevedra.

Terá agora varias semanas para axustarse ao seu novo equipo e compañeiras antes de que chegue o momento da verdade.

O Waterpolo Pontevedra é actualmente líder do Grupo B de Primeira Nacional con 29 puntos, 5 máis que o seu inmediato perseguidor cando só restan tres xornadas para o final da primeira fase do campionato.

As pontevedresas, no que vai de liga, venceron en 11 encontros e só encaixaron unha derrota.