O Club Waterpolo Pontevedra envórcase, un ano máis, coa loita contra a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes.
Aproveitando a conmemoración do día de concienciación da enfermidade, o club pontevedrés convidou a nenos e nenas con Perthes a participar nunha xornada deportiva.
Sabe ben do que fala o Waterpolo Pontevedra, e é que dous dos seus xogadores de base sofren esta patoloxía, como son Hugo Couto Lois e Lois Castro González.
Ambos os dous se iniciaron hai un ano no waterpolo, ao tratarse o deporte acuático de algo moi recomendable ao non ter impacto sobre as articulacións.
A enfermidade de Legg-Calvé-Perthes é unha necrosis avascular na cabeza do fémur causada pola falta de rega sanguínea, con orixe é descoñecido. Considérase unha enfermidade rara, xa que afecta a aproximadamente a 1,5 de cada 10.000 nenos.
A entidade deportiva cualifica de éxito a actividade foi un éxito, ao contar con participantes chegados desde Marín, Vigo ou Verín.
Ademais, os nenos e nenas do CW Pontevedra que acudiron á cita puideron coñecer e comprender mellor de que se trata o Perthes grazas ás explicacións de nais que forman parte da asociación ASFAPE (Asociación de Familias con Perthes).
A xornada, celebrada en Rías do Sur, finalizou cunha merenda colectiva.