Xián Silva e Pablo Fernández, a polo Europeo sub-21

Pontevedra
19 de novembro 2015

Os dous taekwondistas participarán a próxima fin de semana en Romanía no Campionato de Europa Sub-21, no que Xián defende a medalla de prata lograda o pasado ano

Recepción a Xián Silva, Unai Silva e Sara Cortegoso no Concello de Pontevedra
Recepción a Xián Silva, Unai Silva e Sara Cortegoso no Concello de Pontevedra /

Bucarest acolle esta fin de semana o Campionato de Europa Sub-21 de Taekwondo, e cara alí diríxense dous dos deportistas da armada pontevedresa.

Xián Silva (Mace Sport) buscará en Romanía repetir a medalla de prata conseguida hai un ano na mesma competición, na categoría de -80 quilos, programada para o sábado 21.

A dúbida para o pontevedrés é o estado no que chega á cita, tras unha lesión que lle obrigou a deter os seus adestramentos durante as últimas semanas.

Tamén acode con esperanzas ao Europeo Pablo Fernández (Mat's de Marín), que competirá o domingo 22 na categorñia de -87 quilos).

O ano pasado debutou nesta competición perdendo en primeira rolda e agora, con máis experiencia, viaxa coa intención de tomarse o seu particular desquite.

No Campionato de Europa Sub-21 están inscritos un total de 290 deportistas.