O taekwondo galego prepárase en Monte Porreiro

Pontevedra
22 de novembro 2015

Por sexta vez este ano, a Selección Galega de Taekwondo elixe Monte Porreiro para realizar unha xornada de adestramento, á que estiveron convocados 80 deportistas

Adestramento da Selección Galega de Taekwondo en Monte Porreiro
Adestramento da Selección Galega de Taekwondo en Monte Porreiro

Pontevedra volveu a ser o centro do taekwondo galego por un día coa xornada de adestramento convocada pola Federación Galega.

Un total de 80 deportistas participaron na xornada de concentración da Selección Galega Absoluta, que tivo lugar no pavillón do Marcos da Portela.

É a sexta vez este ano que a federación escolle como lugar de adestramento a sede do Taekanart de Monte Porreiro para preparar as próximas competicións internacionais.

A única pega da instalacións, segundo recoñecen os responsables deportivos, é a ausencia de vestiarios, o que obriga a desprazarse ata o Centro Galego de Tecnificación Deportiva.