Xornada de acrobacias e competición de nivel na Raña

Marín
25 de febreiro 2017

Preto de 300 desportistas danse cita esta fin de semana en marín en dúas competicións de gran nivel, a Copa de España de Ximnasia Acrobática e a X Copa Galicia

Copa de España e a X Copa Galicia Internacional de Ximnasia

Marín goza por terceiro ano consecutivo da mellor ximnasia acrobática, grazas nesta ocasión á celebración da Copa de España e a X Copa Galicia Internacional.

Preto de 300 deportistas danse cita no Pavillón da Raña entre ambas as competicións, con ximnastas desde a idade alevín ata a senior. Algúns dos mellores especialista nacionais deleitaron aos presentes coas súas acrobacias co obxectivo de preparar a súa próxima participación na Copa do Mundo de Maia, Portugal.

A xornada de sábado arrincou ás 9:00 horas para prolongarse durante todo o día, mentres que o domingo está previsto que continúe coa Copa de España Alevín e Infantil e as finais da X Copa Galicia.

Os resultados da Copa de España poden consultarse na páxina web da Real Federación Española de Ximnasia.