Xornada de transición para Bea Gómez no Europeo de piscina curta de Herning

Pontevedra
13 de decembro 2013

A nadadora do Galaico finaliza no posto 33 nos 200 braza (2.29.85), unha proba extra no seu calendiario do Campionato de Europa para afrontar en mellor forma os dous últimos días de competición, onde disputará os 400 libres e os 400 estilos

Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños
Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños / Diego Torrado

O segundo día de competición do Campionato de Europa de Piscina Curta que se está a disputar en Herning, Dinamarca, non foi especialmente positivo para Bea Gómez Cortés.

A nadadora do Galaico non conseguiu pasar o corte das eliminatorias nos 200 braza, finalizando no posto 33 cun tempo de 2.29.85, moi lonxe da súa mellor marca nesta distancia (2.25.29).

Bea, que no seu calendario tiña previsto nadar esta proba como complemento para manter o ritmo competitivo, céntrase agora nos seus principais obxectivos no Europeo, os 400 libres e os 400 estilos de sábado e domingo respectivamente.

Pola súa banda a ribeirense María Vilas finalizou no duodécimo lugar dos 800 libres cunha marca de 8.25.86, próxima ao seu mellor rexistro persoal.