Unha xornada para visibilizar a importancia do deporte adaptado

Pontevedra
25 de abril 2025

Por sexto ano a asociación Amizade, en colaboración coa Fundación También, organizou unha xornada multideportiva adapta na Avenida Montero Ríos de Pontevedra

VI Xornada Multideportiva Adaptada na Avenida Montero Ríos
VI Xornada Multideportiva Adaptada na Avenida Montero Ríos / Pablo Ajuria

A asociación Amizade, en colaboración coa Fundación También, converteu por sexto ano a Avenida Montero Ríos de Pontevedra nunha gran pista deportiva.

Todo para visibilizar a importancia do deporte adaptado no obxectivo de normalizar a vida de persoas con discapacidade.

A VI Xornada Multideportiva Adaptada ofrecía a opción aos pontevedreses, con ou sen discapacidade, de probar diferentes deportes adaptados, así como coñecer o material que se utiliza nestas modalidades.

Baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia ou slálom eran algunhas das opcións dispoñibles.

Unha actividade dirixida en horario de mañá a máis dun cento de escolares da cidade, pero tamén pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, aberta a toda a cidadanía.