A XXV Subida A Escusa coloca a Poio "no mapa do motor nacional"

Poio
10 de xuño 2025
Actualizado: 13:23

A popular competición automobilística, que se celebrará o sábado 14 e domingo 15 de xuño, contará este ano como proba puntuable do Campionato Galego de Montaña e tamén para a Copa de España

Presentación da XXV Subida A Escusa
Presentación da XXV Subida A Escusa / Concello de Poio

Semana de motor en Poio coa XXV Subida A Escusa, que se celebrará os días 14 e 15 de xuño.

A popular competición automobilística contará este ano como proba puntuable do Campionato Galego de Montaña e tamén para a Copa de España, unha circunstancia que se notou na inscrición con até 75 pilotos confirmados.

Antes de que os motores empecen a ruxir, a Subda A Escusa foi presentada oficialmente este martes no Concello de Poio con presenza do alcalde, Ángel Moldes; a presidenta da Escudería Buxa Motor, Noemí Blas; o presidente da Federación Galega de Atumobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño; e o delegado provincial de deportes da Xunta, Daniel Benavides.

"É unha proba moi importante para o noso concello, con moito arraigo en toda a provincia e que contribúe de forma notable á dinamización económica do municipio", sinalou na súa intervención o alcalde asegurando que a súa inclusión na Copa de España supón "un atractivo engadido que sitúa a Poio no mapa do motor nacional".

A actividade da Subida A Escusa arrincará o venres 13 de xuño coas verificacións oficiais.

No que respecta á competición, está previsto completar dúas pasadas de adestramento ao percorrido de 3,3 quilómetros con saída no Sartal e outras catro mangas oficiais.

O sábado 14 de xuño darase comezo á manga de adestramento ás 15.30 horas da tarde, seguindo a continuación as dúas primeiras pasada cronometradas oficiais.

En canto ao domingo 15 de xuño, a primeira pasada ao tramo arrincará ás 9.30 horas.