Yago Iglesias: "Saímos reforzados deste partido"

Pontevedra
12 de novembro 2023

O Pontevedra Club de Fútbol reencontrouse coa vitoria despois de dous empates consecutivos nun choque no que non houbo demasiadas ocasións e que se complicou na recta final. Aínda así, Yago Iglesias recoñeceu que "saímos reforzados deste partido"  

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra e Rayo Cantabria en Pasarón
Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra e Rayo Cantabria en Pasarón /

O Pontevedra Club de Fútbol reencontrouse coa vitoria despois de dous empates consecutivos nun choque no que non houbo demasiadas ocasións e que se complicou na recta final. Aínda así, Yago Iglesias recoñeceu que "saímos reforzados deste partido".

"Sabiamos que viñamos a un campo moi complicado", admitiu o entranador granate en rolda de prensa de despois do encontro. "Entramos moi ben e a partir de aí controlamos o xogo na primeira parte", con todo, "na segunda o Marino estirou unhas pouquiño liñas e xa non tivemos tanto control".

Neste sentido, non se esperaba a liña de cinco tan marcada do equipo rival, e declarou que tras varias xornadas "xa temos certos recursos e ideas para contrarrestrarlo" a pesar de que "nos custou xerar ocasións de gol".

Iglesias queda coas sensacións do equipo, que foron "boas. Era unha saída importante para nós pola dificultade, o Marino compítelle a todo o mundo e pon en problemas a todos os rivais", ademais, "na súa casa ata a data só perdera un partido e para nós era importante gañar".

En relación á entrada de Borja Domínguez tras dous meses de baixa, o adestrador explicou que "é bo ir recuperando efectivos" aínda que cre que, "non era o mellor escenario para a súa volta" xa que nada máis entrar no verde o Mariño de Luanco recortou distancias e chegaron "eses minutos frenéticos de tentar non perder o que conseguiches".