Yago Iglesias: "Xeramos ocasións máis que suficientes para levarnos os tres puntos"

Pontevedra
07 de xaneiro 2024

O empate entre Pontevedra e Villalbés foi de todo menos xusto para o equipo granate, que, en palabras de Yago Iglesias, "de principio a fin levou a iniciativa do partido e xeramos ocasións máis que suficientes para levarnos os tres puntos"  

Partido de liga entre Pontevedra e Compostela en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Compostela en Pasarón / Cristina Saiz

O empate entre Pontevedra e Villalbés foi de todo menos xusto para o equipo granate, que, en palabras de Yago Iglesias, "de principio a fin levou a iniciativa do partido e xeramos ocasións máis que suficientes para levarnos os tres puntos".

Segundo o técnico pontevedrés, "noutros partidos con moito menos conseguimos os tres puntos e hoxe é na penúltima que temos e igual na menos clara" cando conseguen rascar tan só un punto.

Para Iglesias, o estado do terreo de xogo foi un dos inconvenientes cos que se atopou o Pontevedra en Vilalba, "non estaba en boas condiciones pero ao final non é escusa", recoñeceu. "É unha pena porque este campo sempre está moi ben e colleunos un pouco por sorpresa, queriamos atopar situacións de vantaxe por fóra e o terreo de xogo complícao moito", lamentou.

A pesar do resultado, o adestrador vaise "contento coa imaxe do equipo e a pelexa ata o final" aínda que "amolado polo resultado", asegurando que o equipo leva "unha aprendizaxe importante" para afrontar os encontros da segunda volta.