Segunda vitoria seguida para as de Mayte Méndez nun partido que controlaron con claridade a partir do segundo cuarto.
A gran actuación de Yanique Gordon, con 25 puntos, 13 rebotes e 33 de valoración, ademais de forzar 9 faltas, foi clave para un triunfo cómodo, con actuación tamén destacada de Ana María Román (13 puntos, 9 rebotes e 19 de valoración) e María González (15 puntos, 4 rebotes e 17 de valoración).
As pontevedreses rompían o partido nun excelente segundo cuarto (7-18) para irse ao descanso con 19-34, renda que lle servía para manterse por diante despois do estirón local (45-53).
O último cuarto foi absolutamente de cor verde, asinando un parcial de 15-26 para deixar sen opcións de remontada ás avilesinas e terminar impoñéndose por un claro 60-79.
Destacar tamén o debut nas filas arxilistas da súa recente fichaxe, Skye Rees, que tivo unha actuación discreta.