Catro poetas dan o seu apoio a Marea Pontevedra na previa do Día das Letras

Pontevedra
16 de maio 2015

O alcaldable de Marea Pontevedra, Luis Rei Núñez, rodeouse de 'colegas' como acto previo ao Día dá Letras Galegas e como unha mostra máis dos apoios externos que recibe a agrupación de cara ás eleccións do 24 de maio. Marilar Aleixandre, Antón Dobao, Xaime Toxo e Iolanza Zúñiga deron o seu respaldo público

Poetas en apoio do proxecto de Marea Pontevedra
Poetas en apoio do proxecto de Marea Pontevedra / PontevedraViva

O alcaldable de Marea Pontevedra, Luis Rei Núñez, leva máis de 30 anos dedicándose ao mundo das letras e pasou polo ensaio, o periodismo, a narrativa e a poesía, xénero no que publicou en 1982 o seu primeiro libro, Para matar ao tempo, e en 2014 o último, Estrela do norte. Este sábado rodeouse de 'colegas' como acto previo ao Día dá Letras Galegas e como unha mostra máis dos apoios externos que recibe a agrupación de cara ás eleccións do 24 de maio. Marilar Aleixandre, Antón Dobao, Xaime Toxo e Iolanza Zúñiga deron o seu apoio publicamente ao proxecto de cambio que promove Marea.

Cada un dos catro novos 'apoios' de Marea leu parte do seu repertorio nun acto no Café Moderno no que o propio Luis Reis recitou poemas do seu último libro, polo que gañou o premio Ánxel Casal de la Asociación Galega de Editores deste ano.

O anfitrió explicou que optar por celebrar o acto este sábado, día previo ao Día dás Letras Galegas, porque non lles parecía apropiado contraprogramar os actos oficiais, pero tampouco querían "deixar pasar a oportunidade de recordar a nosa lingua e ás nosas letras"

Rei Núñez mostrou a súa satisfacción por contar co apoio de "catro das voces representativas da literatura e a poesía galega dos últimos anos" e fixo un chamado á rebeldía apelando a que Marea Pontevedra "somos fillos do Nunca Máis e do 15M".

Destacou que os catro poetas chegan dende distintos puntos da xeografía galega, e glosou o seu currículo. Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), autora de Desmetindo a primavera e Catálogo de velenos; Antón Dobao (Lugo, 1963), autor de Materia e Onde o ollar empeza a doer; Xaime Toxo (Bueu, 1955), autor d´As palabras que leva o mar e Iolanza Zúñiga (Vigo, 1975), autora de Vidas post-it e Amor amén.

Marilar Aleixandre, número 17 da lista de Compostela Aberta, saudou aos presentes en nome desta candidatura e do seu alcaldable, o alcalde de Teo, Martiño Noriega, ao tempo que fixo un chamamento á unidade popular. Recitou poemas de Rosalía de Castro e convdiou aos presentes a que, cando un dos seus textos di "non che teño medo Moucho" pensen en gaviotas.

XaimeToxo, que se autoproclamou admirador do Luís Rei literario, dixo admirar o paso que deu para encabezar a candidatura de Marea Pontevedra, que, nas súas circunstancias, ve como "exemplo de xenerosidade"

O lugar elixido non foi casual. O alcadable de Marea destacou o pasado do Café Moderno como "o local de referencia para a sociedade literaria e lectora pontevedresa dende hai máis dun século". No programa de Marea Pontevedra a cultura ocupa un lugar destacado, con propostas como a da "normalización lingüística amable".