Cidadáns defende a creación de "un área lúdico deportivo" no río Lérez e Illa das Esculturas

Pontevedra
14 de maio 2019

A concelleira e número dous da candidatura laranxa para as municipais, María Rey, avanzou este martes as iniciativas en materia de deportes que defenden no seu programa electoral

José Manuel Santiago e María Rey na sede de Cidadáns
José Manuel Santiago e María Rey na sede de Cidadáns / PontevedraViva

Crear unha área lúdica-deportiva a beiras do río Lérez e na Illa das Esculturas é unha das propostas que defende Cidadáns Pontevedra no programa co que se presenta á alcaldía.

Así o explicou este martes a número dous da candidatura laranxa, María Rey, acompañada do presidente do club ABP Sport de Pontevedra, José Luis Santiago, nunha comparecencia na que presentaron os seus plans en materia deportiva á vez que criticaron "que los clubes siguen sin cobrar las subvenciones del 2016 y 2017", sinalou a candidata.

Rey entende que para crear esa área lúdica-deportiva "tampoco hace falta hacer grandes obras, simplemente dotar a esa zona de instalaciones para deportes fluviales y zonas de césped para el descanso y el ocio".

Cidadáns tamén propón habilitar unha área deportiva na Parda, crear parques para practicar 'parkour' e potenciar o deporte feminino, ademais de defender a gratuidade no uso das instalacións deportivas municipais aos clubs da cidade "porque se les dificulta la realización de sus actividades cuando tienen que pagar las instalaciones y por otro lado no se les pagan las subvenciones", criticou.

Pola súa banda José Manuel Santiago sinalou a necesidade do cambiar o baremos nas axudas municipais para que se valore con maior xustiza aos deportistas que fan competición, e engadiu que o seu club, o ABP Sport, sente "ignorado" polo Concello.